Novas

Martes, 21 de abril, e xoves, 7 de maio: "Todo cuanto amé" de Siri Hustvedt

Compartir

O martes, 21 de abril, e o xoves, 7 de maio, ás 17.30h terán lugar sendas sesións telemáticas do Club de Lectura do Ateneo de Santiago a través da plataforma Skype, na que se comezará o segundo bloque do programa "Estrañas parellas" coa análise da obra "Todo cuanto amé" de Siri Hustvedt.









En 1975 o historiador de arte Leo Hertzberg descobre un cadro extraordinario dun pintor descoñecido, Bill Weschler, nunha galería de Nova Iork. Tras décadas de amizade co artista e de recordos gardados nun caixón, Leo decide contar a súa historia, que tamén é a historia das súas obras, das mulleres da súa vida, dos seus fillos e dos camiños que cada un deles tomou.





Siri Hustvedt, Licenciada en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Columbia, é unha aclamada autora de novelas e ensaios polos cales obtivo o Premio de Libreiros de Québec e o Femina Étranger (Todo cuanto amé) así como o Premio ao mellor libro de ficción de Los Ángeles Times (El mundo deslumbrante). Tamén recibiu o Premio Princesa de Asturias das Letras en 2019, o Gabarron International Award de pensamento e humanidades en 2012 e foi nomeada doutora honoris causa pola Universidade de Oslo en 2014. Doutora e conferenciante sobre temas de psiquiatría na Facultade de Medicina Weill Cornell de Nova Iork, colabora regularmente en The New York Times e Psychology Today.