Novas

Mércores, 22 de abril: clase de meditación telemática

Compartir

O mércores, 22 de abril, ás 19.00 horas terá lugar unha clase telemática de meditación a través da plataforma de videoconferencias Zoom.





Este ano continuarase coa instrución de meditación pero tamén se vai estudar o libro Convertir nuestra mente en Aliada de Sakyong Mipham Rimpoche, o cal cada participante será responsable de conseguilo.





O obxectivo destas clases é calmar a mente e reducir o estrés enfocando a mente na respiración e utilizando o movemento, o son e outras modalidades. A ateneísta Zinnia Maravell ensinará varios métodos para tranquilizar os pensamentos: movemento contemplativo, canto, concienciación do corpo e meditación sentada. Cando a mente non está ocupada con desacougos do pasado ou con ansiedades polo futuro non hai sufrimento nin estrés. Unha mente tranquila permite ver as situacións con máis claridade e resolver problemas facilmente.





Esta actividade é gratuíta e exclusiva para os socios do Ateneo. Todo aquel que desexe participar pode solicitalo no enderezo ateneo@ateneodesantiago.com. A inscrición permanecerá aberta ata a finalización das clases no mes de xuño.