Novas

O Teatro Real ofrece gratis My Opera Player

Compartir

O Teatro Real quere contribuír a facer máis levadeiros estes días compartindo co público de maneira gratuíta a súa plataforma de vídeo My Opera Player, na que se pode disfrutar de todos os títulos de ópera, danza e concertos que xa ofrece no seu catálogo e aos que se irán incorporando nos próximos días outros títulos.

Na súa ampla videoteca inclúense algunhas das producións máis empblemáticas do Teatro Real, como La bohème (Puccini), La traviata (Verdi), El barbero de Sevilla (Rossini), Las bodas de Fígaro e Così fan tutte (Mozart), El holandés errante e El oro del Rin (Wagner), Los cuentos de Hoffmann (Offenbach) ou Werther (Massenet), e do Gran Teatre del Liceu, como Rigoletto, Norma ou I Capuleti e I Montecci, así como outros títulos de teatros internacionais como son o Gran Teatro Nacional de China,  o Teatro Colón de Bos Aires ou o Teatro do Bicentenario de San Juan, Arxentina.





Todos os títulos, ademais da representación, inclúen interesantes entrevistas cos directores e protagonistas, información da obra e reportaxes, todo de acceso gratuíto.





Ademais, semanalmente subiranse á plataforma novos lanzamentos tamén en aberto.





Accede aquí á plataforma e introduce o código OperaEnCasa.





Para cualquera información ou aclaración, existe un servizo de atención ao espectador que está dispoñible a través do correo electrónico soporte@myoperaplayer.com.