Novas

Martes, 31 de marzo: «Seique», de Susana Sánchez Aríns

Compartir





O martes 31 de marzo ás 17.30h terá lugar unha sesión telemática do Club de Lectura, na que se comentará a obra Seique, de Susana Sánchez Aríns.





Seique é unha novela que describe a represión franquista no seu día a día, dende o silencio. Recolle a historia dunha familia que vai reconstruíndo a súa vida e amosa así o terror da represión despois da guerra civil. A obra pretende facer memoria histórica dun xeito diferente ao que conta a política, as actas notariais ou os xornais. É unha obra que mistura narrativa, ensaio e poesía dun xeito totalmente innovador.





Susana Sánchez Aríns é unha escritora nada en Vilagarcía de Arousa. É licenciada en Filoloxía Hispánica e Filoloxía Portuguesa pola Universidade de Santiago e é profesora de educación secundaria. Entre as súas obras destacan poemarios como <em>A noiva e o navio</em> ou <em>Carne da minha carne</em>. En 2019 saíu á luz á súa primeira e ata agora única obra narrativa, aínda que cargada de elementos poéticos, Seique.