Novas

Mércores, 1 de xullo: Mesa redonda "O mecenado na investigación universitaria" de Alumni USC

Compartir
Mesa redonda "O mecenado na investigación universitaria", organizada pola Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC en colaboración coa Asociación Empresarial do Tambre,
o Consello Social da USC e a Universidade de Santiago de Compostela:

Data: mércores, 1 de xullo
Hora: 19.00h.
Lugar: Salón de actos do Tambre(aforo máximo: 50 persoas)


 

O obxecto desta actividade é dar difusión ao programa de micromecenado ”Sumo Valor”,  que a USC puxo en marcha a finais de 2019 e que nestes momentos quere potenciar para acadar medios destinados ás investigacións relacionadas coa COVID-19.

Os participantes na mesa son:

Cecilia Sierra, presidenta do Consello Social da USC
Ernesto Pedrosa, presidente do Consello Social da UVigo
Gumersindo Feijoo, vicerreitor de Planificación e Proxección Estratéxica da USC
Luz Ruibal, profesora de Dereito Financeiro e Tributario da USC
Jesús L. Romalde, catedrático de Microbioloxía da USC


Os presidentes da Asociación Empresarial do Tambre e de Alumni USC, José F. Alborés e Benita Silva, darán a benvida ao acto.

A mesa redonda celebrarase de modo presencial, pero dada a situación especial motivada pola pandemia o acceso está restrinxido a un máximo de 50 persoas polo que quen desexe asistir deberá confirmalo mediante unha mensaxe a gerente@areaempresarialdotambre.com.

Ao final servirase un viño galego para os asistentes.

As persoas que non poidan estar presentes poderán seguir o evento en directo por Internet coa posibilidade de participar no coloquio mediante un chat, moderado por Manolo Fraga Carou, no seguinte enlace: https://youtu.be/zc4fKVs0Goc