Novas

Ata o 6 de febreiro: Exposición "Deconstruír o franquismo"

Compartir

Organizada polo Grupo de Investigación HISTAGRA (USC) e o EUROM "The European Observatory on Memories of the University of Barcelona's Solidarity Foundation", trátase dun proxecto expositivo que ten por obxecto promover a reflexión pública ao redor das políticas de memoria respecto da simboloxía vinculada a un periodo pre e anti-democrático, cuxos valores foron impostos en todos os niveis mediante ferramentas de represión e control a nivel persoal, social, económico,político e simbólico. No plano simbólico, coa erección e diseminación de elementos e liturxias icónicas do réxime (monumentos e misas aos caídos, vinte anos de paz, día da vitoria,…), cuxo factor propagandístico intensificou as formas de transmisión da súa ideoloxía. Represión e simbolismo mesturáronse na ditadura co único obxecto de submeter á poboación facendo uso do binomio propaganda-terror.

Máis información: http://histagra.usc.gal/gl/novas/766/exposicion-deconstruir-o-franquismo-en-santiago-de-compostela

INFORMACIÓNS DE INTERESE
 
Do 23 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2020
 
Situación e horario
Paseo Central  da Alameda, s/n.
Santiago de Compostela
De luns a venres:  De 12 a 14 horas e de 17 a 19 horas
Sábado e Domingo:De 12 a 14 horas

Roteiro:
1 de febreiro ás 11h (Duración aprox. 2 h.)
Organiza:
Rexenerando S. Coop. Galega
info@rexenerando.com
rexenerando.com
 
MÁS INFORMACIÓN:
 
Grupo HISTAGRA-USC
histagra.usc.gal
 
Observatorio Europeo de Memorias de la Fundación Solidaridade UB
europeanmemories.net
http://europeanmemories.net/activities/deconstructing-francoism-santiago-de-compostela/