Cocido e visita á exposición de Maruja Mallo e Luis Seoane

O sábado, 22 de febreiro, o Ateneo de Santiago realizará o tradicional cocido de Entroido para os ateneístas e unha visita á exposición de Maruja Mallo e Luis Seoane en Lalín, co seguinte programa:

10.45h. Saída da Rúa da Rosa de Santiago.

11.30h. Visita á exposición "Creacións máxicas de medidas exactas, Maruja Mallo e Luis Seoane en Bos Aires (1936-1965)" do Museo Ramón María Aller de Lalín.
Esta mostra, comisariada por Antón Castro, ofrece unha antoloxía de 43 obras, 18 de Maruja Mallo e 25 de Luis Seoane, exposta cun rigoroso discurso museográfico sobre o período arxentino destes creadores, dous dos principais artistas galegos de todos os tempos.

14.00h. Cocido de Entroido no restaurante Casa Sn Martín no Corpiño.
Dispoñerase dun espazo para cantar e charlar despois da comida.

19.00h. Regreso á Rúa da Rosa de Santiago.

O prezo é de 25 euros por persoa, incluíndo autobús, visita e cocido. As prazas son limitadas polo que as inscricións deberán efectuarse no enderezo ateneo@ateneodesantiago.com ata completar as prazas dispoñibles.

Próximos eventos Ver axenda