«Juventud sin Dios», de Ödön von Horváth

Data
Martes, 3 de marzo de 2020
Horario
17.30h
Lugar
Biblioteca do Ateneo (Praza Salvador Parga, 4, 2º)
Compartir

O martes 3 de marzo na Biblioteca do Ateneo (Praza Salvador Parga, 4, 2º) terá lugar unha sesión do Club de Lectura do bloque «Narra a túa propia aldea coma se fose universal», na que se comentará a obra Juventud sin Dios, de Ödön von Horváth.

Juventud sin Dios é unha novela que trata sobre as orixes do nazismo. Conta a historia dun profesor novo ao que o director dun colexio lle pide que non corrixa a un alumno por dicir que os negros eran infrahumanos e dirixa a súa ensinanza a «educar para a guerra» Posteriormente, nun campamento militar educado en valores patrióticos producirase un crime misterioso.

Ödön von Hornáth, nacido en Rijeka (Croacia) foi un dramaturgo e novelista austrohúngaro. Comezou a escribir mentres estudaba, aínda que non chegou a rematar os seus estudos universitarios. Foi galardoado co Premio Kleist, antes de marchar cara París cando comezou o réxime nazi. Alí, en 1938 faleceu nun accidente por mor dunha tormenta eléctrica.

Próximos eventos Ver axenda