Faladoiro «Actividade física e expresión corporal para o paciente oncolóxico»

O martes, 4 de febreiro, ás 19.30 horas o Ateneo de Santiago, coa colaboración da Asociación Abeiratúa, ten programado no local social (Praza de Salvador Parga, 4-2º) un Faladoiro para conmemorar o Día Mundial contra o Cancro titulado “Actividade física e expresión corporal para o paciente oncolóxico”, que contará coa participación de Noemí Sanmartín, coordinadora da Asociación Abeiratúa e Licenciada en Ciencias da Actividade Física e do Deporte.

No acto exporanse os beneficios da práctica deportiva antes, durante e despois do proceso oncolóxico, explicando como a práctica de actividade física mellora a calidade de vida do paciente no ámbito tanto físico como psicolóxico. Tamén se falará das actividades que se imparten na Asociación Abeiratúa.