«A la sombra del árbol violeta» de Sahar Delijani

Data
Martes, 7 de xaneiro de 2020
Horario
17.30h
Lugar
Biblioteca do Ateneo (Praza Salvador Parga, 4, 2º)
Compartir

O martes, 7 de xaneiro, na Biblioteca do Ateneo (Praza Salvador Parga, 4, 2º) terá lugar unha sesión do Club de Lectura do bloque "Narra a túa propia aldea coma se for universal", na que se comentará a obra A la sombra del árbol violeta, de Sahar Delijani.

A historia que narra A la sombra del árbol violeta desenvólvese Irán, a comezos dos anos 80, no réxime fundamentalista de Jomeini, anos de represións, persecucións e encarceracións. A autora dá voz a unha xeración que conta a represión sufrida polos seus pais e avoga porque ninguén se vexa obrigado a pasar pola mesma situación que eles. É unha novela na que as súas personaxes revelan a súa dimensión máis profunda humana e universal, contada cunha linguaxe chea de pureza, mesmo rozando a poética.

Sahar Delijani naceu nunha prisión de Evin (Teherán) en 1983, cos seus pais detidos como activistas políticos que loitaban contra o réxime islámico, e foi criada por varias persoas nun estado de excepción permantente, até que a súa familia puido finalmente emigrar aos Estados Unidos. Toda esta esperiencia vital vaille servir para dar forma á súa primeira obra.

Próximos eventos Ver axenda