«El declive» de Osamu Dazai
- Data
- Martes, 17 de decembro de 2019
- Horario
- 17.30h
- Lugar
- Biblioteca do Ateneo (Praza Salvador Parga, 4-2º)

O martes 17 de decembro ás 17,30 na biblioteca do Ateneo (Praza Salvador Parga, 4-2º) terá lugar unha sesión do Club de lectura do bloque "Narra a túa propia aldea coma se fose universal", na que se comentará a obra El declive, de Osamu Dazai.
El declive narra a historia de Kazuko, unha xove que se ve obrigada a abandoar, xunto con súa nai, a súa mansión no barrio tokiota de Nishikata, debido á morte do seu pai e da derrota de Xapón na Segunda Guerra Mundial, que deixou sen recursos á familia. Durante a súa estadía no rural na península de Izu, o irmán de Kazuko, Naoji, que fora desaparecido no frente e se volveu adito ás drogas e ao alcol, vaille supor á familia numerosas débedas.
O autor describe na súa obra o Xapón da súa época, a sensación de derrota persoal e moral que sufriu da II Guerra Mundial. Dazai constrúe unha novela triste e desoladora, pero cargada de beleza, unha técnica habitual no autor.
Osamu Dazai (1909-1948) foi un novelista xaponés, considerado un dos escritores máis apreciados de Xapón. As súas obras son consideradas clásicos no seu país de orixe. Ao rematar a Segunda Guerra Mundial, Osamu retratou o período confuso de posguerra. A súa obra máis famosa, Indigno de ser humano, foi adaptada ao cinema, ao anime e a unha serie de manga. Algunhas das súas obras traducidas ao castelán son El ocaso, Indigno de ser humano ou Corre Melos y otros relatos.