Visita ás fábricas de Cortizo e Picusa
- Data
- Venres, 13 de decembro de 2019
- Horario
- 10.15h
- Lugar
- Padrón
O venres, 13 de decembro, o Ateneo de Santiago realizará unha visita ás fábricas de Cortizo e Picusa en Padrón, co seguinte programa:
10.15h. Saída da Rúa da Rosa de Santiago de Compostela.
11.00h. Visita ao Complexo industrial de Cortizo.
13.30h. Comida.
16.00h. Visita á fábrica de Picusa.
17.00h. Regreso á Rúa da Rosa de Santiago. Hora prevista de chegada 17.30h aproximadamente.
As inscricións deberán realizarse no enderezo electrónico ateneo@ateneodesantiago.comata o domingo 8 de decembro, admitíndose unicamente a inscrición dun máximo de dúas persoas en cada solicitude. O número de prazas dispoñibles é de 30 e serán adxudicadas por orde de solicitude con preferencia para os socios do Ateneo. O prezo final establecerase en función dos participantes polo que se confirmará unha vez remate o prazo de inscrición.
NORMAS DE PARTICIPACIÓN:
- Asistir con calzado pechado e cómodo.
- Non se admiten tacóns nin calzado aberto.
- É necesario o uso de pantalón longo.
- Durante toda a visita deberase ir acompañados do guía.
- Non se poderán realizar fotografías nin vídeos non autorizados expresamente polo persoal.