Visita ás fábricas de Cortizo e Picusa

Data
Venres, 13 de decembro de 2019
Horario
10.15h
Lugar
Padrón
Compartir

O venres, 13 de decembro, o Ateneo de Santiago realizará unha visita ás fábricas de Cortizo e Picusa en Padrón, co seguinte programa:

10.15h. Saída da Rúa da Rosa de Santiago de Compostela.
11.00h. Visita ao Complexo industrial de Cortizo.
13.30h. Comida.
16.00h. Visita á fábrica de Picusa.
17.00h. Regreso á Rúa da Rosa de Santiago. Hora prevista de chegada 17.30h aproximadamente.

As inscricións deberán realizarse no enderezo electrónico ateneo@ateneodesantiago.comata o domingo 8 de decembro, admitíndose unicamente a inscrición dun máximo de dúas persoas en cada solicitude. O número de prazas dispoñibles é de 30 e serán adxudicadas por orde de solicitude con preferencia para os socios do Ateneo. O prezo final establecerase en función dos participantes polo que se confirmará unha vez remate o prazo de inscrición.

NORMAS DE PARTICIPACIÓN:

  • Asistir con calzado pechado e cómodo.
  • Non se admiten tacóns nin calzado aberto.
  • É necesario o uso de pantalón longo.
  • Durante toda a visita deberase ir acompañados do guía.
  • Non se poderán realizar fotografías nin vídeos non autorizados expresamente polo persoal.

Próximos eventos Ver axenda