Visita guiada á Igrexa da Mercé e á escalinata modernista do Hospital Psiquiátrico de Conxo

Data
Sábado, 30 de novembro de 2019
Horario
11.00h
Lugar
Igrexa da Mercé e Hospital Psiquiátrico de Conxo
Compartir

O sábado, 30 de novembro, ás 11h o Ateneo de Santiago realizará unha visita gratuíta á Igrexa da Mercé e á escalinata modernista do Hospital Psiquiátrico de Conxo, que estará guiada pola historiadora da arte e ateneísta Maricarmen Sánchez.

 



As prazas son limitadas polo que todo aquel que queira participar deberá inscribirse no enderezo electrónico ateneo@ateneodesantiago.com antes do vindeiro xoves, día 28, tendo preferencia de admisión os socios do Ateneo de Santiago.

PROGRAMA:

11h. Igrexa da Mercé: con planta de cruz latina, conta con cruceiro, capelas laterais con tribuna, cubertas de bóveda de canón e cúpula de media laranxa con corpo cadrado ao exterior e tellado a catro augas. Os retablos do interior son obra de Simón Rodríguez (1735).

 



13h. Escalinata modernista do Hospital Psiquiátrico de Conxo: de esquema complexo con dous caracois de tramos rectos que se fusionan no primeiro dos seus tramos, xerando dous canóns polos que se filtra a luz dende a parte superior e desembocando nun único e amplo espazo superior. Realizada en granito nos arcos e soportes e mármore branco e gris nas paredes e balaustrada e coronada por unha cúpula de ferro e cristal, que a dota dunha iluminación cenital.

Próximos eventos Ver axenda