Presentación do libro «Unha presa de debuxos feitos por Isaac Díaz Pardo de xente do seu rueiro»
- Data
- Martes, 27 de outubro de 2020
- Horario
- 20.00h
- Lugar
- Rúa do Vilar, 19
- Máis información
Debido ás restricións sanitarias, para asistir será obrigatorio a preinscrición en ateneo@ateneodesantiago.com e deberase cumprir co protocolo establecido.
O martes, 27 de outubro, ás 20.00 horas o Ateneo de Santiago organiza na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela a presentación da edición facsimilar do libro Unha presa de dibuxos feitos por Isaac Díaz Pardo de xente do seu rueiro, dentro dos actos para conmemorar o nacemento de Isaac Díaz Pardo.
O acto estará presentado por Xosé Ramón Pousa, Decano da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago, e contará coa participación de:
- Xosé Díaz, deseñador e prologuista da obra
- Xerardo Estévez, Arquitecto
- Milagros Castro Sánchez, membro da Deputación da Coruña
- Salvador García-Bodaño, Presidente do Ateneo de Santiago