Conferencia «De ditadores e tumbas. Unha ollada sobre o uso histórico dos lugares de memoria totalitarios, 1945-2020» de Núñez Seixas

Data
Luns, 22 de marzo de 2021
Horario
20.00h
Lugar
Zoom, Youtube, Facebook e Twitter
Máis información

Debido ás restricións sanitarias, a esta conferencia só se poderá asistir a través da plataforma Zoom, por medio da páxina web www.ateneodesantiago.gal e as seguintes redes sociais do Ateneo:

Youtube: Ateneo de Santiago
Facebook: Ateneo Santiago
Twitter: @AteneoSantiago

As preguntas para o coloquio posterior poderán facerse a través de Zoom e no whatsapp do Ateneo 622 274 110.

Arte, Educación e Cultura
Compartir

O próximo luns, 22 de marzo ás 20.00h o Ateneo de Santiago ten programada unha conferencia, organizada pola Sección Arte, Educación e Cultura, titulada «De ditadores e tumbas. Unha ollada sobre o uso histórico dos lugares de memoria totalitarios, 1945-2020» que estará impartida por Xosé M. Núñez Seixas, Catedrático de Historia Contemporánea da USC.

Xosé M. Núñez Seixas é Catedrático de Historia Contemporánea na USC e Doutor de Historia Contemporánea polo Instituto Universitario Europeo de Florencia. Forma parte dos consellos de redacción das revistas Historia Social e Passato e Presente. Ademais, dende 2018 é Vicepresidente do Consello da Cultura Galega. Está especializado no estudo comparado dos nacionalismos europeos e ibéricos, así como nos estudos migratorios e na historia cultural da violencia.

Próximos eventos Ver axenda