Visitas guiadas á exposición «Darío Basso. París, 1987-1992»

Data
Domingo, 7 de marzo de 2021
Horario
11.30h e 12.30h
Lugar
Fundación Gonzalo Torrente Ballester
Ateneo Viaxeiro
Compartir

O Ateneo de Santiago ten programadas dúas visitas guiadas gratuítas á exposición da Fundación Gonzalo Torrente Ballester «Darío Basso. París, 1987-1992» o vindeiro domingo, 7 de marzo, ás 11.30h e ás 12.30h.

As prazas son limitadas polo que todo aquel que queira participar deberá inscribirse, indicando o horario de preferencia, no enderezo ateneo@ateneodesantiago.com, admitíndose unicamente a inscrición dun máximo de dúas persoas en cada solicitude e tendo preferencia de admisión os/as socios/as do Ateneo. 

A mostra recupera o mellor da produción do artista Darío Basso de finais dos anos 80, cando viviu en París e coincidiu con pintores como Miquel Barceló, José María Sicilia ou Berta Cáccamo. Componse de 9 grandes cadros, pintados con abundante materia sobre grosas lonas, 3 papeis e 8 gravados, entre eles o mítico cartafol Ojo, prologada por Francisco Calvo Serraller. Trátase de obras que non foron expostas dende principios dos anos 90, nas que resalta o gusto polas texturas e o diálogo de elementos iconográficos propios de culturas e épocas distintas.

Próximos eventos Ver axenda