Mesa redonda «A Lei de Eutanasia: Claves xurídicas e sanitarias» con Fernando Vázquez-Portomeñe e Luis Masa
- Data
- Luns, 26 de abril de 2021
- Horario
- 20.00h
- Lugar
- Zoom, Youtube, Facebook e Twitter
- Máis información
Debido ás restricións sanitarias, a esta conferencia só se poderá asistir a través da plataforma Zoom, por medio da páxina web www.ateneodesantiago.gal e as seguintes redes sociais do Ateneo:
Youtube: Ateneo de Santiago
Facebook: Ateneo Santiago
Twitter: @AteneoSantiagoAs preguntas para o coloquio posterior poderán facerse a través de Zoom e no whatsapp do Ateneo 622 274 110.
O luns, 26 de abril, ás 20.00h o Ateneo de Santiago ten programada unha mesa redonda, organizada pola Sección Sociedade Civil, titulada «A Lei de Eutanasia: Claves xurídicas e sanitarias», que contará coa participación de Fernando Vázquez-Portomeñe, Profesor de Dereito Penal, e Luis Masa, responsable da Unidade de Hospitalización a Domicilio (HADO) do CHUS.
Fernando Vázquez-Portomeñe Seijas é Profesor de Dereito Penal e Director do Instituto de Criminoloxía da USC. Tamén dirixe a revista "Estudios Penales y Criminológicos".
Luis Masa é Profesor Asociado de Ciencias da Saúde da USC e Xefe da Sección de Medicina Interna do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago. Ata o ano 2019 foi responsable da Unidade de Coidados Paliativos do CHUS, dende a súa apertura en 2007, e actualmente é responsable da súa Unidade de Hospitalización a Domicilio (HADO), cargo que desempeña dende o ano 1995.