Visita guiada á exposición «Dona Emilia e Compostela»

Data
Sábado, 24 de abril de 2021
Horario
12.00h
Lugar
Pazo de Fonseca
Compartir

Os sábados, 17 e 24 de abril, ás 12h o Ateneo de Santiago realizará unhas novas visitas guiadas á exposición «Dona Emilia e Compostela», situada no Pazo de Fonseca. 

As prazas son limitadas polo que todo aquel que queira participar deberá inscribirse no enderezo ateneo@ateneodesantiago.com, admitíndose unicamente a inscrición dun máximo de dúas persoas en cada solicitude e tendo preferencia de admisión os/as socios/as do Ateneo.

A exposición «Dona Emilia e Compostela», organizada polo Ateneo de Santiago coa colaboración da Universidade de Santiago, o Concello de Santiago e a Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, e comisariada por José Manuel González Herrán, Catedrático de Literatura Española da USC e Vogal da Directiva do Ateneo de Santiago, e Santiago Díaz Lage, Profesor na UNED (Madrid), ten como principal obxectivo amosar a presenza da escritora en Santiago de Compostela (visitas, estadías, relacións, amizades, lembranzas, testemuñas…), así como a pegada da cidade na súa obra (escenario de novelas e contos, crónicas e artigos xornalísticos, ensaios, etc.). 

Máis información

Próximos eventos Ver axenda