Visita á exposición «Xulio Maside. Parellas» na Fundación Granell

Data
Mércores, 19 de maio de 2021
Horario
12.00h
Lugar
Fundación Eugenio Granell
Ateneo Viaxeiro
Compartir

O mércores 19 de maio ás 12.00 horas o Ateneo de Santiago realizará unha visita gratuíta á exposición da Fundación Eugenio Granell «Xulio Maside. Parellas».

As prazas son limitadas polo que todo aquel que queira participar deberá inscribirse no enderezo ateneo@ateneodesantiago.com, tendo preferencia de admisión os/as socios/as do Ateneo.

A mostra está composta de perto de setenta pezas baixo o título As Parellas. A peza de gran formato «Luci e máis eu» de 2014, quere ser representativa, xa que concilia obras anteriores coas posteriores que parten dela, con distinto formato e entidade. Compoñen un conxunto de pinturas emparentadas en ritmo e poesía, erotismo e humor. Acrílicos, collages, acuarelas, carbonciños, debuxos a man alzada, óleos de mediano e gran formato, dan conta do mundo de Xulio Maside, dos sentimentos máis líricos e musicais en tempos de confinamento e pandemia. A historia do ser humano e a súa grandeza.

Máis información

Próximos eventos Ver axenda