Conferencia «Será a Intelixencia Artificial o noso último invento?» de Senén Barro

Data
Luns, 21 de xuño de 2021
Horario
20.00h
Lugar
Zoom, Youtube, Facebook e Twitter
Máis información

Debido ás restricións sanitarias, a esta conferencia só se poderá asistir a través da plataforma Zoom, por medio da páxina web www.ateneodesantiago.gal e as seguintes redes sociais do Ateneo:

Youtube: Ateneo de Santiago
Facebook: Ateneo Santiago
Twitter: @AteneoSantiago

As preguntas para o coloquio posterior poderán facerse a través de Zoom e no whatsapp do Ateneo 622 274 110.

Ciencia, Tecnoloxía e Medio Ambiente
Compartir

O luns, 21 de xuño ás 20.00h o Ateneo de Santiago ten programada unha conferencia, organizada pola Sección Ciencia, Tecnoloxía e Medio Ambiente, titulada «Será a Intelixencia Artificial o noso último invento?» que estará impartida por Senén Barro, director do CiTIUS-Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC.

A Intelixencia Artificial pasou en moi poucos anos dos laboratorios de investigación ás empresas e de aí a unha infinidade de servizos e produtos e á nosa vida cotiá. Todo apunta, ademais, a que isto non fixo máis que empezar. Con todo, esta disciplina científico-tecnolóxica desenvólvese e convive con paradoxos, moitas incógnitas sobre como pode e como debe progresar e especulacións sobre cales poden ser os seus límites e sobre se algún día haberá unha intelixencia artificial que supere á humana e o que iso podería significar. Podería ser incluso o noso último invento, xa que a intelixencia artificial encargaríase de inventar para nós. Pero tamén podería ser o derradeiro invento, se resulta que os seres humanos deixamos de importarlle.

Senén Barro é Doutor en Física (premioextraordinario), catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial e director científico do CiTIUS-Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da Universidadede Santiago de Compostela (USC). Foi reitor da USC (2002-2010), época na que se desenvolveu “Campus Vida”, recoñecido como Campus de Excelencia Internacional en 2009 polo Goberno de España, e Vicepresidente da “Conferencia de  Rectores de Universidades Españolas” (2008-2010). Foi presidente de Red Emprendia de 2010 a 2017 –rede de 28 das mellores universidades de 6 países de América Latina, España e Portugal, orientada á transferenciade I+D e ao emprendemento universitario-. É editor ou autor de sete libros e de máis de 300 artigos científicos. É socio fundador das spin-off SITUM Technologies e InVerbis e membro da Real Academia Galega de Ciencias. Obtivo o Premio Nacional de Informática José García Santesmases en 2020 e foi finalista (2º premio), no “XIV Certamen de poesía y relato "LAS PALABRAS ESCONDIDAS", en 2021, co texto “Las palabras ausentes”.

Próximos eventos Ver axenda