Conferencia «Universidade e sociedade: os Consellos Sociais» de Cecilia Sierra

Data
Luns, 21 de marzo de 2022
Horario
19.30h
Lugar
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

Compostela
Compartir

O luns, 21 de marzo, ás 19.30h o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela unha conferencia, organizada pola Sección Compostela, titulada «Universidade e sociedade: os Consellos Sociais» que estará impartida por Cecilia Sierra, Presidenta do Consello Social da USC.

Cecilia Sierra é licenciada en Ciencias Empresariais na especialidade de Dirección de Empresas pola USC e posúe un Máster en Comercio Internacional. Desenvolveu toda a súa traxectoria profesional no sector da automoción, dentro da firma compostelá Urovesa entre 1998 e 2011, onde pasou por varios departamentos relacionados coa xestión e relacións públicas e comerciais, ocupando o cargo de directora do Departamento de Persoal e a vicepresidencia do Consello de Administración. De 2011 a 2014 foi concelleira en Raxoi, levando a área de Facenda e dende o ano 2019 ocupa o cargo de Presidenta do Consello Social da USC.

Próximos eventos Ver axenda