Visita guiada á exposición «Manuel Colmeiro. Arte en tempos de desacougo, 1919-1939»

Data
Venres, 25 de xuño de 2021
Horario
18.00h
Lugar
Fundación Gonzalo Torrente Ballester
Ateneo Viaxeiro
Compartir

O venres, 25 de xuño, ás 18.00h o Ateneo de Santiago realizará unha visita gratuíta á exposición «Manuel Colmeiro. Arte en tempos de desacougo, 1919-1939», guiada polo seu Comisario Xosé Carlos López Bernárdez. 

As prazas son limitadas polo que todo aquel que queira participar deberá inscribirse no enderezo ateneo@ateneodesantiago.gal, tendo preferencia de admisión os/as socios/as do Ateneo. A data límite para anotarse é o mércores, 23 de xuño.

Esta mostra céntrase no período de 1919 a 1939 e xurde a partir das liñas de investigación abertas polo seu Comisario. Manuel Colmeiro (1901-1999) ocupa un papel de primeira liña na renovación da arte galega, en especial nos anos anteriores á Guerra Civil e durante o conflito. Colmeiro compartía coa xeración de artistas galegos coñecidos como Os Novos (Maside, Souto, Torres ou Laxeiro) unha actitude ética e estética e unha común estratexia rexeneradora: tratábase de fertilizar a linguaxe da modernidade, adquirida co coñecemento da arte internacional, coa sabedoría autóctona, movido polo desexo de se mergullar no máis logrado da tradición para conseguir as mellores calidades da arte popular e medieval, pero cunha vontade evidente de intervención social. Non debemos esquecer que estamos nun período de crise e convulsión. No ámbito internacional e no nacional é un tempo ameazante, co agravamento das tensións sociais e o ascenso dos fascismos, e os artistas teñen que lidar con esa realidade punxente.

Máis información

Próximos eventos Ver axenda