Visita guiada á Catedral de Santiago

Data
Luns, 27 de setembro de 2021
Horario
16.00h
Lugar
Catedral de Santiago
Máis información

Fundación Catedral de Santiago

Ateneo Viaxeiro
Compartir

O luns, 27 de setembro, ás 16.00 horas o Ateneo de Santiago realizará unha nova visita á Catedral de Santiago, que estará guiada polo Director da Fundación Catedral de Santiago.

As prazas son limitadas polo que todo aquel que queira participar deberá inscribirse no enderezo ateneo@ateneodesantiago.gal, antes do vindeiro xoves, 23 de setembro, admitíndose unicamente a inscrición dun máximo de dúas persoas en cada solicitude e tendo preferencia de admisión os/as ateneístas que quedaron na listaxe de agarda no mes de xuño.

Nesta visita os participantes poderán contemplar a restauración do conxunto artístico formado polo baldaquino, as pinturas da bóveda e o altar de prata, os cales agora se poden admirar en todo o seu esplendor grazas á retirada da lámpara alemá de cristais que lucía na nave maior, impedindo a visión do grupo. Así, foron restauradas, entre outros elementos, as pinturas dos teitos, os brillos dourados e prateados do baldaquino e do sagrario, o camarín do Apóstolo, a cripta e as capelas. Dúas delas, a de Santa Catalina e a de San Antonio acollen actualmente, despois dunha minuciosa restauración na súa cidade de orixe, Roma, as lámpadas de prata e bronce dourado de Luigi Valadier, datadas do século XVIII, e que anteriormente ocupaban a nave central, pasando agora a ser substituídas por 36 vangardistas arañas, deseñadas en exclusiva para a Catedral, en consonancia coa nova iluminación interior que resalta os elementos distintivos das naves, o cruceiro, a xirola, o triforio e o Pórtico da Gloria. Os diferentes estilos arquitectónicos mestúranse cos aires de actualidade que lle outorga o novo mobiliario, uns novos bancos e confesionarios, elaborados pola Carpintería Ángel Otero, quen xa fixera os anteriores, cun deseño moderno, máis sinxelo e en madeira de tons claros, máis acorde á cor da pedra, contribuíndo a ofrecer unha maior luminosidade ao conxunto do templo.

Próximos eventos Ver axenda