Visita guiada ao Parlamento de Galicia
- Data
- Xoves, 30 de setembro de 2021
- Horario
- 10.30h
- Lugar
- Parlamento de Galicia
O Ateneo de Santiago ten programada unha nova visita guiada gratuíta ao Parlamento de Galicia para o xoves, 30 de setembro, ás 10.30h.
As prazas son limitadas polo que todo aquel que queira participar deberá inscribirse no enderezo ateneo@ateneodesantiago.gal, antes do vindeiro luns, 27 de setembro, admitíndose unicamente a inscrición dun máximo de dúas persoas en cada solicitude e tendo preferencia de admisión os/as ateneístas que quedaron na listaxe de agarda na anterior visita ao Parlamento.
Durante o percorrido de 1 hora de duración, explicaranse as funcións, a organización e a historia da institución; accederase ás dependencias máis solemnes do pazo do Hórreo como o Salón dos Reis ou o hemiciclo; e visitaranse as salas onde acontece a actividade institucional diaria.