Instrumentos, xéneros e contextos

Data
Do 8 ao 22 de outubro de 2021
Horario
20.00h / 20.30h
Lugar
Paraninfo da Universidade, Igrexa da Universidade, Salón Teatro e Teatro Principal
Máis información

Por mor da situación sanitaria, nesta terceira edición, estes encontros celebraranse inmediatamente antes do inicio do concerto co público xa acomodado na súa localidade.

Web Ateneo Barroco

Anexos
PROTOCOLO SANITARIO (de obrigado cumprimento)
Compartir

INSTRUMENTOS, XÉNEROS E CONTEXTOS
charlas e encontros cos artistas, a música e os seus instrumentos

A actividade complementaria e didáctica do festival Ateneo Barroco formúlase co obxectivo de facilitar, dun xeito distendido e próximo, o achegamento aos artistas, aos seus instrumentos e os seus contextos, á música, a súa historia e os seus xéneros. As breves sesións contribuirán a preparar ao público para unha audición máis enriquecedora do concerto. Os protagonistas destes encontros serán os artistas do festival, músicos especialistas e profundos coñecedores das súas ferramentas de traballo, os instrumentos, dispostos a satisfacer dúbidas e curiosidades e a ilustrar e amosar as peculiaridades de instrumentos tan vencellados ao Barroco como o clave, o cornetto, a guitarra barroca, o arquilaúde, a voz e mesmo tratar temáticas e formas musicais con protagonismo neste Ateneo Barroco 2021 como os Trobadores ou a Chacona… 

Instrumentos, xéneros e contextos # 1
O clave, Domenico Scarlatti
ENRICO BAIANO
Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia)
Venres 8 outubro 2021 | 20.30h

Instrumentos, xéneros e contextos # 2
Trobadores
PALOMA GUTIÉRREZ DEL ARROYO / MANUEL VILAS
Igrexa da Universidade
Mércores 13 outubro 2021 | 20.00h

Instrumentos, xéneros e contextos # 3
O cornetto
BRUCE DICKEY
Salón Teatro
Venres 15 outubro 2021 | 20.00h

Instrumentos, xéneros e contextos # 4
A chacona, Compostela
FERNANDO REYES
Teatro Principal
Venres 22 outubro 2021 | 20.00h

Próximos eventos Ver axenda