Debate sobre «Suyos eran los pájaros» de Marja-Liisa Vartio

Data
Martes, 23 de novembro de 2021
Horario
18.00h
Lugar
Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago
Compartir

Os martes, 2, 9, 16 e 23 de novembro, ás 18h no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago (Pr. Salvador Parga, 4, 2º) terán lugar novas sesións do Club de Lectura do Ateneo de Santiago, onde se comentará a obra Suyos eran los pájaros de Marja-Liisa Vartio.

Suyos eran los pájaros bríndanos a oportunidade de coñecer a personaxes inolvidables: Adele, a pouco convencional viúva dun pastor, a súa criada Alma e os demais habitantes dunha aldea a principios do século XX. No centro do libro tamén se encontra a paixón polos paxaros: o pastor era un home cultivado e un exquisito ornitólogo, que observou de preto as aves e reuniu unha gran colección de plumas, ovos e espécimes disecados. Considerado un excéntrico na súa comunidade, era respetado e recoñecido como un home sabio. Pero todo cambiará cando el morra e sexa unha muller, a súa viúva, a herdeira desa colección.

Marja-Liisa Vartio (Sääminki, 1924 – Savonlinna, 1966) escribiu poesía, contos, obras radiofónicas e cinco novelas. Ademais dunha das principais escritoras finlandesas do século XX, foi e segue sendo unha autora cun grande éxito de vendas no seu país. O foco dos seus libros sempre o ocupan mulleres que deben loitar para superar os límites impostos pola súa condición feminina. Cando Suyos eran los pájaros se publicou en 1967 —uns meses despois da prematura morte da súa autora aos corenta e dous anos—, os críticos aclamaron esta novela extraordinaria como unha obra mestra.

Próximos eventos Ver axenda