Presentación da novela «Los vencejos» de Fernando Aramburu

Data
Martes, 23 de novembro de 2021
Horario
19.30h
Lugar
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
Compartir

O martes, 23 de novembro, ás 19.30h, tera lugar na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela a presentación da novela «Los vencejos» de Fernando Aramburu. No acto participarán:
   - Fernando Aramburu, autor da novela
   - José Manuel González Herrán, Catedrático de Literatura española, Profesor emérito da USC

Fernando Aramburu (San Sebastián, 1959) é autor dos libros de contos Los peces de la amargura (2006, XI Premio Mario Vargas Llosa NH, IV Premio Dulce Chacón e Premio Real Academia Española 2008) e El vigilante del fiordo (2011), das obras de non ficción Autorretrato sin mí (2018), Vetas profundas (2019) e Utilidad de las desgracias (2020), así como das novelas Fuegos con limón (1996), Los ojos vacíos (2000, Premio Euskadi), Bami sin sombra (2005), La gran Marivián (2013), El trompetista del Utopía (2003), Viaje con Clara por Alemania (2010), Años lentos (2012, VII Premio Tusquets Editores de Novela e Premio dos Libreiros de Madrid), Ávidas pretensiones (Premio Biblioteca Breve 2014) e Patria (2016, Premio Nacional de Narrativa, Premio da Crítica, Premio Euskadi, Premio Francisco Umbral, Premio Dulce Chacón, Premio Arcebispo Juan de San Clemente, Premio Strega Europeo, Premio Lampedusa, Premio Atenas…), o último gran fenómeno literario, traducida a 34 linguas e convertida en prestixiosa serie por Aitor Gabilondo para HBO. Cinco anos despois, Los vencejos, ácida e enternecedora, é a súa nova obra mestra, unha novela que o confirma como un dos mellores escritores europeos.

Próximos eventos Ver axenda