Acto de entrega do premio Alfredo Vicenti 2021

Data
Luns, 24 de xaneiro de 2022
Horario
19.30h
Lugar
Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago
Sociedade da Información
Compartir

O luns, 24 de xaneiro, ás 19.30 horas terá lugar no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago, a entrega do premio Alfredo Vicenti de Xornalismo Cívico 2021 a Manuel Varela Fariña, polos artigos «Los más jóvenes de Galicia recuperan casas centenarias entre montañas» e «El concello con más aldeas vacías», publicados en La Voz de Galicia o 26 de setembro e o 11 de abril de 2021, respectivamente. 

Tamén se entregará o accésit a Andrea Oca Domínguez polo seu traballo «Acollemento familiar a menores: moito máis que un teito», publicado en El Correo Gallego o 21 de febreiro de 2021.

Debido á situación sanitaria, este acto non estará aberto ao público en xeral.

O fallo do xurado, constituído por representantes do Ateneo de Santiago e a Facultade de Xornalismo da USC, entre outros, deuse a coñecer o pasado 20 de novembro, data do aniversario do nacemento de Alfredo Vicenti.

Próximos eventos Ver axenda