Debate sobre «Pequeno País» de G. Fayé

Data
Martes, 8 de marzo de 2022
Horario
18.00h
Lugar
Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago
Compartir

Os días, 3 e 8 de marzo, ás 18h no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago (Pr. Salvador Parga, 4, 2º) terán lugar novas sesións do Club de Lectura do Ateneo de Santiago, onde se comentará a obra Pequeno País de Gaël Faye.

Esta novela comeza en Burundi en 1992. Gaby ten dez anos e pasa o día cos amigos nas rúas de Bujumbura, cos que rouba mangas nos xardíns do barrio, se baña no río e fuma ás agachadas. Pero a súa vida libre de preocupacións é interrompida pola separación dos pais e pola guerra, que o desposuirá do paraíso da infancia e o obrigará a medrar a marchas forzadas.

Gaël Faye é rapero e escritor. Naceu en Burundi en 1982, fillo de nai  ruandesa e pai francés, pero aos trece anos tivo que fuxir do seu país debido á guerra civil burundesa e o xenocidio tutsi de Ruanda. Fincado en Francia, pasou a adolescencia nunha  banlieue preto de  Versalles, onde descubriu o rap e o hip-hop e comezou a escribir as súas propias cancións, coas que facía fronte á soidade do novo contexto e reflexionaba acerca da súa identidade mestiza. Tras estudar comercio, obtivo un máster en finanzas e traballou durante dous anos en Londres facendo de asesor nun fondo de investimento. Pero decidiu deixar a vida que levaba para dedicarse profesionalmente ao rap, primeiro co dúo Milk Coffee and Sugar e logo debutando en solitario, en 2013, co disco Pili Pili sur un croissant au beurre. A súa primeira novela, Pequeno país, converteuse nun fenómeno literario en Francia despois de gañar o Prix du roman FNAC e o Prix Goncourt deas Lycéens

Próximos eventos Ver axenda