Debate sobre «Un mundo para Julius» de Bryce Echenique

Data
Martes, 26 de abril de 2022
Horario
18.00h
Lugar
Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago
Compartir

Os días, 15, 22 e 29 de marzo, e 5, 19 e 26 de abril, ás 18h no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago (Pr. Salvador Parga, 4, 2º) terán lugar novas sesións do Club de Lectura do Ateneo de Santiago, onde se comentará a obra Un mundo para Julius de Bryce Echenique.

Un mundo para Julius naceu por proliferación dun breve relato que non debía pasar as dez páxinas. Desde certo punto de vista, a novela é o retrato dun sector feliz e despreocupado da oligarquía limeña que, en realidade, reflicte o mundo da oligarquía doutras moitas cidades contemporáneas. O personaxe central, Julius, un neno intelixente e ben tratado pola fortuna, un fillo feliz do benestar, é principalmente un pretexto, o punto de continua confluencia dun sistema de costumes e de ideas que configuran unha situación tinguida de bo gusto, ameazada pola fraxilidade e subliñada por unha inxustiza terrible.

Alfredo Bryce Echenique (Lima, 1939) é un dos maiores expoñentes da literatura latinoamericana. Doutor en Letras pola Universidade de San Marcos, en1964 trasladouse a Europa: viviu en Francia, Italia, Grecia, Alemaña e España, para regresar de novo a Perú, onde reside actualmente. Foi profesor en diversas universidades francesas, e compatibilizou o ensino coa escritura. A través das súas novelas e relatos, Bryce Echenique creou un dos universos narrativos máis orixinais da literatu­ra en castelán de finais do século XX e principios do XXI, sendo un dos autores hispanoamericanos actuais máis traducidos. A súa obra recibiu impor­tantes premios, Un mundo para Julius, foi premiado co Premio Nacional de Literatura en Perú e Reo de nocturnidad obtivo o Premio Nacional de Narrativa en España.

Próximos eventos Ver axenda