Debate sobre «El príncipe destronado» de Miguel Delibes

Data
Martes, 10 de maio de 2022
Horario
18.00h
Lugar
Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago
Compartir

Os días, 3 e 10 de maio, ás 18h no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago (Pr. Salvador Parga, 4, 2º) terán lugar novas sesións do Club de Lectura do Ateneo de Santiago, onde se comentará a obra El príncipe destronado de Miguel Delibes.

El príncipe destronado é a historia dun neno, Quico, que vai cumprir catro anos. A Quico pásalle algo importante, naceulle unha irmanciña, Cris, que o relegou a un segundo plano. Agora, xa non é o rei da casa, agora é o príncipe destronado. Ao longo dun día, desde que se levanta dando berros ata que cae rendido pola noite, asistimos ás súas andanzas, albiscamos os seus segredos e coñecemos as súas angustias. Detrás do neno, tan admirablemente recreado, vemos o mundo familiar, os outros irmáns, o pai e a nai, as criadas, a cidade, o mundo. Cando o libro acaba un quixese seguir con Quico e a súa familia ao día seguinte porque, aínda que non ocorrese nada extraordinario, todo foi fascinante.

Miguel Delibes (Valladolid, 1920-2010) caracterizouse por posuír unha produción literaria cargada de perspectiva irónica, da que se aproveita para denunciar as inxustizas sociais e criticar á pequena burguesía. Con todo, a súa obra non se reduce á mera denuncia social, senón que profunda na lembranza da infancia e na representación dos hábitos e o fala propia do mundo rural, moitos de cuxos termos recuperou para a literatura. Considerado un dos grandes escritores españois contemporáneos, o seu traballo mereceu numerosos galardóns entre os que destacan o Premio Nadal, o Príncipe de Asturias, o Nacional das Letras Españolas e o Cervantes. Deuse a coñecer como novelista con La sombra del ciprés es alargada, que obtivo o Premio Nadal. Entre a súa vasta obra narrativa destacan Mi idolatrado hijo Sisí, El camino, Las ratas, Cinco horas con Mario, Las guerras de neutros antepasados ou El disputado voto del señor Cayo.

Próximos eventos Ver axenda