Presentación da novela «Los prodigios de Gillingham» de José Francisco Rodil Lombardía
- Data
- Mércores, 15 de decembro de 2021
- Horario
- 19.30h
- Lugar
- Centro Social Abanca (Praza de Cervantes, Santiago de Compostela)

O mércores, 15 de decembro, ás 19.30h, tera lugar no Centro Social Abanca, situtado na Praza de Cervantes de Santiago de Compostela, a presentación da novela «Los prodigios de Gillingham» de José Francisco Rodil Lombardía. No acto participarán:
- José Francisco Rodil Lombardía, autor da novela
- Pilar Sampedro, Secretaria do Ateneo de Santiago
- Roberto Leal, actor que lerá fragmentos da novela
- Cristian Velasco, editor de Velasco Ediciones

José Francisco Rodil Lombardía é licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid. Traballou como redactor no diario Informaciones, no departamento de prensa do Ministerio de Administración Territorial, en El Correo Gallego e en Televisión de Galicia. Foi, así mesmo, xefe de control de cadea da CRTVG, director da Voz de Asturias e delegado do Grupo Z en Asturias. Na actualidade, é vocal da Comisión de Garantías da Federación de Asociacións de Xornalistas de España.