Debate sobre «El tío Goriot» de Honoré de Balzac

Data
Martes, 21 de decembro de 2021
Horario
17.30h
Lugar
Skype
Compartir

O martes, 21 de decembro, ás 17.30h terán lugar unha sesión telemática do Club de Lectura do Ateneo de Santiago a través da plataforma Skype, onde se comentará a obra El tío Goriot de Honoré de Balzac.

Situada no París brillante do século XIX, auténtica «capital do mundo», El tío Goriot é unha das mellores e máis célebres novelas de Honoré de Balzac. Agudo observador da sociedade e bo coñecedor das paixóns humanas, retratou nela de forma maxistral a ambición, a codicia, a corrupción e o desamor dunha sociedade cegada polo afán de enriquecemento e de ascenso social, e onde non hai lugar para a inocencia.

Honoré de Balzac (Tours, 1799-París, 1850) era fillo dun modesto aldeán que, grazas aos cambios que acompañaron a Revolución de 1789 e ás súas habilidades, foi ascendendo na escala social ata gozar dos luxos da alta sociedade durante as campañas napoleónicas. Na súa infancia, sentiuse rexeitado pola súa nai, causa “de todo o mal na miña vida”, confesou. A finais de 1814 a familia trasladouse a París e en 1816 matriculouse como estudante de xurisprudencia na universidade mentres traballaba de escribinte no bufete dun avogado. Tras licenciarse, comezou a traballar no despacho dun notario pero en 1819 declarou que non quería exercer unha profesión burguesa senón ser escritor e facerse rico e célebre cos seus libros. A caída de Napoleón empobreceu á familia Balzac. Entre 1821 e 1829 escribiu baixo un pseudónimo multitude de novelas de ínfima calidade e embarcouse en negocios relacionados co mundo editorial nos que fracasou. O seu primeiro éxito literario obtívoo coa novela Los Chuanes, á que lle seguiu La piel de zapa (1831). Ao ano seguinte concibiu a idea de escribir unha serie de novelas que retratasen á sociedade do seu tempo e que integrou nas Escenas de la vida privada, xermolo do seu ciclo novelístico La Comedia humana

Próximos eventos Ver axenda