Debate sobre «Panza de burro» de Andrea Abreu

Data
Martes, 14 de xuño de 2022
Horario
18.00h
Lugar
Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago
Compartir

Os días, 14 e 21 de xuño, ás 18h, no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago (Pr. Salvador Parga, 4, 2º) terán lugar novas sesións do Club de Lectura do Ateneo de Santiago, onde se comentará a obra Panza de burro de Andrea Abreu.

A historia de Panza de burro é aparentemente sinxela; non ten unha trama complexa. A súa complexidade reside na linguaxe e, sobre todo, nas relacións entre personaxes. A amizade entre as dúas nenas protagonistas é clave. Temos, por unha banda, á narradora, da que non sabemos o nome, e, por outro, a Isora, o seu mellor amiga, á que ten completamente idealizada. Ambas pasan xuntas un verán de principios dos 2000 no que comezan a deixar atrás a nenez e somérxense nalgúns aspectos propios da adolescencia, sobre todo Isora. É unha obra valente e libre en todos os sentidos, desde ese traslado da oralidade á escritura ata a falta absoluta de pudor desde a que se abarcan algúns temas, pasando pola maneira de ser e de actuar das protagonistas.

Andrea Abreu López, nada en 1995 en Icod de los Vinos, é unha escritora e xornalista canaria. Comezou os seus estudos de xornalismo na Universidad de la Laguna. No verán de 2017 mudouse a Madrid para cursar o Máster en Xornalismo Cultural e Novas Tendencias da Universidade Rey Juan Carlos. Como xornalista, escribiu para a sección de Cultura do diario 20 Minutos e para diferentes medios, como Tentaciones, Oculta Lit, LOLA, Quimera ou Vice. Os seus textos literarios foron incluídos en varias revistas dixitais e en papel e en antoloxías. É autora do poemario Mujer sin párpados (Versátiles Editorial, 2017) e do fanzine Primavera que sangra (2017), unha breve análise poética sobre a súa relación coa dor menstrual. Participou en varios eventos literarios, como o festival cordobés de poesía  Cosmopoética 2018 e é codirectora do Festival de Poesía Joven de Alcalá de Henares. En 2019 foi gañadora do accésit do XXXI Premio Ana María Matute de narrativa de mulleres.

Próximos eventos Ver axenda