Presentación do libro «Exilio republicano y pluralismo nacional. España, 1936-1982» de Ramón Villares

Data
Martes, 15 de marzo de 2022
Horario
19.30h
Lugar
Sede Afundación (Rúa do Vilar, 19)
Máis información

A entrada será libre ata completar a capacidade da sala

Compartir

O martes, 15 de marzo, ás 19.30h, terá lugar na sede de Afundación, situada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela, a presentación do libro «Exilio republicano y pluralismo nacional. España, 1936-1982» de Ramón Villares. No acto participarán:
   - Ramón Villares, autor da obra
   - Xosé M. Núñez Seixas, Catedrático de Historia Contemporánea da USC
   - Xosé Ramón Pousa, directivo do Ateneo de Santiago

Este libro indaga a xenealoxía da organización político territorial da España actual a partir da experiencia republicana e do longo exilio que a seguiu tras a derrota de 1939, converxendo ambos os dous procesos na transición democrática. Son problemas que marcaron a sociedade española do século pasado, con secuelas aínda moi vivas: o desgarro do exilio, a oposición á ditadura franquista, a natureza da transición e a construción das autonomías. 

Ramón Villares Paz é Catedrático de História Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela dende 1987 e foi Presidente do Consello da Cultura Galega entre 2006 e 2018. Foi Decano da Facultade de Xeografía e Historia no período 1986-1990, Reitor da Universidade de Santiago de Compostela entre 1990 e 1994 e membro fundador e Presidente da Asociación Española de Historia Contemporánea (1996-2002). Tamén foi Director en Galicia da Universidade Internacional Menéndez Pelayo (1997-2005) e, dende 2006, é membro numerario da Real Academia Galega. Pertence a varios patronatos de centros e fundacións como o Museo do Pobo Galego, a Fundación Juana de Vega, a Fundación Luis Seoane ou o Centro Galego de Arte Contemporánea, entre outros.

NOTA: Esta actividade enmárcase no programa Cultura por alimentos de Afundación, a Obra Social ABANCA, en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos, co obxectivo de contribuír, a través de doazóns, a incrementar os recursos dos Bancos de Alimentos de Galicia. Convidamos a todos os asistentes a colaborar con esta campaña solidaria mediante a doazón de alimentos non perecedoiros, os cales se poderán depositar na entrada da sede da Rúa do Vilar.

Próximos eventos Ver axenda