Legado fílmico Baltar

Data
Sábado, 9 de abril de 2022
Horario
12.00h
Lugar
Sala Numax
Máis información

Adquirir entrada

Compartir

No proceso de recuperación da memoria da familia Baltar padronesa e Baltar Domínguez santiaguesa conseguíuse encontrar e puídose recuperar un interesante grupo de filmes de época, que acompañan con imaxes a historia do libro dende 1928 até os anos 70. 

Con motivo da exposición comisariada por Pepe Barro, está programada para o sábado, 9 de abril, ás 12h na Sala Numax unha proxección destes filmes recuperados, que estarán comentados pola especialista en recuperación cinematográfica Carolina Cappa. 

O Ateneo de Santiago ten á súa disposición unha cantidade de prazas limitada polo que todo aquel ateneísta que queira asistir deberá solicitalo no enderezo ateneo@ateneodesantiago.gal antes das 12h do xoves, 7 de abril, permitíndose a inscrición dun máximo de dous ateneístas en cada solicitude. Estas prazas serán adxudicadas por orde de inscrición e son exclusivas para os/as socios/as do Ateneo polo que aquelas persoas que non sexan ateneístas deberán solicitar praza a través da páxina web de Numax

Próximos eventos Ver axenda