Proxección da película «A herdanza do vento»

Data
Martes, 26 de abril de 2022
Horario
19.00h
Lugar
Sede Afundación (Rúa do Vilar, 19)
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

MOSTRA INTERNACIONAL DE CINE E EDUCACIÓN (CINEDUCA)

Compartir

O martes, 26 de abril, ás 19.00h o Ateneo de Santiago ten programada na sede de Afundación (Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela) a proxección da película «A herdanza do vento» (Inherit the wind) de Stanley Kramer. Esta proxección, comprendida dentro da Mostra Internacional de Cine e Educación (CINEDUCA), estará presentada e comentada por Antón Porteiro, ex-Asesor Técnico na Dirección Xeral de Centros da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.

A herdanza do vento (Inherit the wind)
USA, 1960. Director: Stanley Kramer
A película é unha notable adaptación da obra de teatro de Jerome Lawrence e Robert E., baseada nun dos máis espectaculares episodios da xurisprudencia norteamericana. No verán de 1925 no Estado de Tennessee, un fanático predicador levou aos tribunais a un profesor novo, Bertram Cates, detido por explicar na clase a teoría da evolución de Darwin e negar a creación divina do home, tal e como recolle a Biblia, violando a lei do Estado. As contrapostas teorías do darwinismo e o creacionismo son os dous polos opostos que enfrontan nunha explosiva batalla de crenzas ao avogado defensor Henry Dummond e ao líder ultraconservador Mathew Harrison Brady, avogado da acusación. O xuízo, que tivo unha enorme transcendencia social, converteuse nun espectáculo mediático, pois a defensa foi financiada por un gran xornal e seguida por un afamado xornalista.

Antón Porteiro Lago, Licenciado en Ciencias Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela, foi Profesor e Director de distintos Centros docentes na cidade de Santiago perante máis de quince anos e Presidente da Asociación Galega de Academias durante o período entre 1987 e 1990. Pertenceu ao Corpo de Profesores de Ensino Secundario da Consellería de Educación da Xunta de Galicia durante máis de vinte anos, desenvolvendo a súa tarefa en diferentes centros educativos e foi Asesor do Centro de Formación e Recursos de Santiago de Compostela. Entre 2002 e 2011 foi asesor Técnico na Dirección Xeral de Centros da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.

Esta actividade enmárcase no programa Cultura por alimentos de Afundación, a Obra Social ABANCA, en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos, co obxectivo de contribuír, a través de doazóns, a incrementar os recursos dos Bancos de Alimentos de Galicia. Convidamos a todos os asistentes a colaborar con esta campaña solidaria mediante a doazón de alimentos non perecedoiros, os cales se poderán depositar na entrada da sede da Rúa do Vilar.

Próximos eventos Ver axenda