Visita guiada ás escaleiras monumentais e claustros de San Martiño Pinario

Data
Venres, 29 de abril de 2022
Horario
18.00h
Lugar
Mosteiro de San Martiño Pinario
Ateneo Viaxeiro
Compartir

O venres, 29 de abril, ás 18.00h o Ateneo de Santiago realizará unha visita ao Mosteiro de San Martiño Pinario, que estará guiada por Milena Cortés, autora da tese doutoral De tiros, pegadas e arrimos. Historia da escaleira monumental en Santiago de Compostela (XVI-XXI), e que incluirá o seguinte:
   - Escaleira e Claustro Procesional
   - Escaleira e Claustro de Oficinas
   - Escaleiras da sancristía da igrexa

As prazas son limitadas polo que todo aquel que queira participar deberá anotarse no enderezo ateneo@ateneodesantiago.gal, admitíndose unicamente a inscrición dun máximo de dúas persoas en cada solicitude e tendo preferencia de admisión os/as socios/as do Ateneo. A data límite para anotarse é o mércores, 27 de abril.

Este mosteiro beneditino é de grande sinxeleza e frialdade de liñas, interrompidas pola fachada, á que se accede por unha grande escalinata construída para vencer o desnivel do terreo por Plácido Camiña, inspirándose na que dá acceso á Catedral dende o Obradoiro. Dentro do mosteiro atópanse o claustro das oficinas, o máis primitivo, e o claustro procesional.

Próximos eventos Ver axenda