O sábado, 7 de maio, ás 11.00h o Ateneo de Santiago realizará un roteiro por varias fontes compostelás, que estará guiada pola historiadora Encarna Otero, e que incluirá as seguintes:
   - Toural
   - Porta do Camiño
   - Cervantes
   - Fonseca
   - Alameda

As prazas son limitadas polo que todo aquel que queira participar deberá anotarse no enderezo ateneo@ateneodesantiago.gal, admitíndose unicamente a inscrición dun máximo de dúas persoas en cada solicitude e tendo preferencia de admisión os/as socios/as do Ateneo. A data límite para anotarse é o xoves, 5 de maio.

Próximos eventos Ver axenda