PREMIO ATENEO CINEDUCA

Data
Mércores, 18 de maio de 2022
Horario
19.00h
Lugar
Teatro Principal de Santiago de Compostela
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade

MOSTRA INTERNACIONAL DE CINE E EDUCACIÓN (CINEDUCA)

Bases do PREMIO ATENEO CINEDUCA

Compartir

O mércores, 18 de maio, ás 19.00h o Ateneo de Santiago ten programado no Teatro Principal de Santiago de Compostela o acto de clausura da Mostra Internacional de Cine e Educación (CINEDUCA), que incluirá a entrega do PREMIO ATENEO CINEDUCA e a proxección das seguintes curtametraxes seleccionadas entre as obras presentadas polos centros educativos:
   - O CRIME PERFECTO (DETRÁS DAS CÁMARAS) do IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela
   - MONTE VIVO do IES Félix Muriel de Rianxo
   - LA BUENA ELECCIÓN do Centro Escolapios de Monforte de Lemos

O crime perfecto (detrás das cámaras), elaborada por alumnos de 2º de Bacharelato, titorizados polo docente Javier Turnes, trata o problema da falta de recursos do método tradicional educativo obtidos nos anos escolares para buscar solucións a problemas reais. Con este método desenvólvese a capacidade creativa, apréndese a manexar o equipo de traballo e ordenar as ideas para seleccionar unhas ou outras, mantendo unha visión crítica. O traballo en equipo e compromiso cos compañeiros e co proxecto son esenciais para a aprendizaxe. Búscase co método a satisfacción persoal tras aplicar na práctica o discutido na aula e que o resultado da colaboración e do esforzo sexa visible nun produto final. 

Monte vivo, titorizado pola profesora Sofía Rama, narra, dende a óptica dos alumnos de 4º da ESO e a través das entrevistas realizadas aos distintos responsables pedagóxicos, civís e políticos, a memoria do que foi o gran incendio dos montes de Rianxo do ano 2019, ademais de amosar a evolución do proxecto nacido a raíz deste feito como resposta educativa aos lumes. 

La buena elección, realizada por alumnos de 4º da ESO, titorizados polo mestre Javier Saco, aborda o problema das tendencias suicidas que se poden dar en adolescentes que pasan por estados depresivos e mesmo agravados por unha contorna tóxica na escola que o profesorado, ás veces, non é quen de advertir. Con este proxecto educativo preténdese xerar debate sobre esta cuestión, transmitindo unha mensaxe vital e positiva.