Presentación do libro «1936. Un nuevo relato»
- Data
- Martes, 24 de maio de 2022
- Horario
- 19.30h
- Lugar
- Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
- Máis información
Acceso libre ata completar a capacidade da sala

O martes, 24 de maio, ás 19.30h, terá lugar na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela, a presentación do libro «1936. Un nuevo relato», no que participarán:
- Belén Regueira, Xornalista
- Lourenzo Fernández Prieto, autor, Catedrático de Historia Contemporánea da USC
- Antonio Míguez Macho, autor, Profesor de Historia Contemporánea da USC
- Dolores Vilavedra, autora, Profesora de Literatura Galega da USC
- Xosé Ramón Pousa, directivo do Ateneo de Santiago
Neste libro búscase definir as bases para construír un novo relato porque, a pesar do paso do tempo, segue dominando un relato de guerra civil construído sobre a vitoria e a derrota dos seus protagonistas; sobre a súa experiencia, intereses, posicións e explicacións políticas; un relato manexado en última instancia polos vencedores: remodelado e acomodado a sucesivos presentes. Gañadores na guerra e no relato da vitoria. O relato dos verdugos.
