Visita guiada á exposición «Obxectos de desexo. Surrealismo e deseño 1924-2020» no Museo Centro Gaiás

Data
Xoves, 2 de xuño de 2022
Horario
18.15h
Lugar
Museo Centro Gaiás
Máis información

Máis información

Ateneo Viaxeiro
Compartir

O xoves, 1 de xuño, ás 18.15h o Ateneo de Santiago realizará unha visita guiada á exposición «Obxectos de desexo. Surrealismo e deseño 1924-2020», situada no Museo Centro Gaiás.

As prazas son limitadas polo que todo aquel que queira participar deberá inscribirse no enderezo ateneo@ateneodesantiago.gal, admitíndose unicamente a inscrición dun máximo de dúas persoas en cada solicitude e tendo preferencia de admisión os/as socios/as do Ateneo. A data límite para anotarse é o domingo, 29 de maio.

A mostra explora o intercambio e diálogo entre as obras de arte surrealista e destacadas pezas de deseño, afondando nunha das relacións máis significativas e fértiles entre arte e deseño dos últimos cen anos. Comisariada por Mateo Kries, director do Vitra Design Museum, preséntase unha escolma de máis de 280 obras, que inclúen pintura, escultura, obxectos, carteis, revistas, libros e fotografías, así como películas históricas e vídeos, onde se atopan pezas asinadas por artistas e deseñadores como Man Ray, Giorgio de Chirico, Le Corbusier, Salvador Dalí, Leonor Fini, Ray Eames, Carlo Mollino, Gae Aulenti, Achille Castiglioni, Isamu Noguchi ou Meret Oppenheim.

Próximos eventos Ver axenda