Presentación do libro «España fea: o caos urbano, o maior fracaso da democracia», con Andrés Rubio, Carlota Eiros e Ángel Panero

Data
Luns, 13 de xuño de 2022
Horario
19.30h
Lugar
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

Compartir

O luns, 13 de xuño, ás 19.30h o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela a charla «España fea: o caos urbano, o maior fracaso da democracia» como presentación do libro «España fea» de Andrés Rubio. No acto participarán:
   - Andrés Rubio, autor da obra
   - Carlota Eiros, Arquitecta
   - Ángel Panero, Arquitecto, membro do Ateneo de Santiago

España fea é un estudo brillante das barbaridades cometidas sobre o patrimonio español dende o final da dictadura de Franco ata a actualidade. Debulla con rigor e sensibilidade os disparates cometidos e analiza as causas que conduciron a esta catástrofe cultural sen precedentes. Revela a estratexia urdida por políticos e promotores ignorantes e corruptos, co silencio cómplice dun gremio desmobilizado, o da arquitectura, mais a indiferenza e descoñecemento do mundo intelectual e os medios de comunicación. Pese a todo, o libro tamén analiza con detalle algúns exemplos de traballo ben feito, enlazando coa mellor tradición europea, en cidades como Santiago de Compostela. Partindo de numerosas entrevistas e unindo a crónica periodística, o libro de viaxes e o ensaio político, o autor presenta un texto de grande orixinalidade e cheo de matices. Analizando ademais os casos de Francia, Alemania e Italia, traslada unha mensaxe europeísta e progresista de defensa das mellores calidades do público, propugnando a ordenación do territorio como arma indispensable para afirmar a democracia.

Andrés Rubio, periodista, dirixiu durante case dúas décadas o suplemento de viaxes de El País, El Viajero. Foi colaborador das revistas Bauwelt e Architecture e cofundador da galería de arte Mad is Mad en Madrid.

Próximos eventos Ver axenda