Conferencia «Cancros contaxiosos» de José Tubío

Data
Luns, 7 de novembro de 2022
Horario
19.30h
Lugar
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

Ciencia, Tecnoloxía e Medio Ambiente
Compartir

O luns, 7 de novembro, ás 19.30h o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela unha conferencia, organizada pola Sección Ciencia, Tecnoloxía e Medio Ambiente, titulada «Cancros contaxiosos», que estará impartida por José Tubío, Investigador da USC, Premio Nacional de Investigación en Cancro.

Durante os últimos dous anos e medio a pandemia da covid-19 matou a millóns de persoas e cambiou as nosas vidas. Con todo, os virus non son os únicos axentes infecciosos. Tamén o son as bacterias, os fungos e... as células tumorais. Algúns tipos de cancro poden contaxiarse. Denomínanse cancros transmisibles. Nestes, as células tumorais poden escapar do individuo no cal se orixinaron para infectar a outros. Os cancros transmisibles máis coñecidos afectan a animais pero tamén existen en humanos. Pode un cancro transmisible provocar unha pandemia e cambiar as nosas vidas para sempre? Se queres saber a resposta, non perdas esta charla sobre un tema científico, onde a ficción se ve superada pola realidade.

José Manuel Castro Tubío (Santiago de Compostela, 1978), Premio Nacional de Investigación en Cancro, é Director do Grupo Xenomas e Enfermidade no Centro de Investigación en Medicina Molecular (CiMUS) da Universidade de Santiago. Durante os últimos 10 anos leva realizando a súa investigación na vangarda da xenómica do cancro, participando nalgúns dos avances máis importantes neste campo.

Próximos eventos Ver axenda