Conferencia «Populismo: estratexias conceptuais e debates» de Carlos de la Torre
- Data
- Luns, 27 de xuño de 2022
- Horario
- 19.30h
- Lugar
- Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
- Máis información
Acceso libre ata completar a capacidade da sala

O luns, 27 de xuño, ás 19.30h o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela unha conferencia titulada «Populismo: estratexias conceptuais e debates», que estará impartida por Carlos de la Torre, Director do Centro de Estudos de América Latina da Universidade de Florida.
Carlos de la Torre, Doutor en Socioloxía pola New School for Social Research, ten sido profesor desta materia na Universidade de Kentucky, así como bolseiro da Fundación John Simon Guggenheim, do Woodrow Wilson Center for Scholars e do New Century Fulbright Scholar. Profesor emérito de FLACSO-Ecuador dende 2018, ten sido Director de Estudos Internacionais da Universidade de Kentucky, de Estudos Políticos en FLACSO-Ecuador e de Estudos Latinoamericanos na Northeastern University e na Drew University. Participou en conferencias e seminarios internacionais e ten publicados numerosos libros e máis de cen artigos e capítulos en publicacións académicas sobre o tema do populismo.