Ciclo «Cinema, Doc, Música» (Ateneo Barroco 2022)

Data
Martes, 4 e mércores, 5 de outubro de 2022
Horario
19.00h
Lugar
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
Máis información

Web Ateneo Barroco

Acceso gratuíto ata completar a capacidade da sala

Compartir

Como ilustrativo complemento didáctico, o festival Ateneo Barroco volve achegar unha serie de sesións cinematográficas e documentais. Relacionados directa ou indirectamente cos programas, estes filmes enriquecen os contidos do festival e ofrecen unha panorámica suplementaria de aspectos musicais, de eventos históricos, de personaxes, en resumo, de historias do Barroco e as súas músicas, filtradas a través da visión de cineastas, músicos, artistas, escritores, musicólogos e especialistas. 

VISION. AUS DEM LEBEN DER HILDEGARD VON BINGEN
(Visión. A historia de Hildegard von Bingen)
Margarethe von Trotta. Alemaña, 2009. 106'
Barbara Sukowa, Heino Ferch, Hannah Herzsprung, Gerald Alexander Held
Rúa do Vilar, 19
Martes 4 outubro 2022
19.00h

Barbara Sukowa protagoniza a Hildegard von Bingen, monxa alemá que dende nena tivo visións sobrenaturais e cuxa fama traspasou os muros do seu convento. A directora berlinesa Margarethe von Trotta filmou en 2009 a súa lectura desta personaxe nada en Renania en 1098, unha muller adiantada á súa época, a Idade Media, que foi abadesa da súa congregación, que tiña coñecementos de medicina natural, escritora, compositora...

NANNERL, LA SOEUR DE MOZART
(Nannerl, a irmá de Mozart)
René Féret. Francia, 2010. 120'
Marie Féret, Marc Barbe, Delphine Chulliot, Lisa Féret
Rúa do Vilar, 19
Mércores 5 outubro 2022
19.00h

Nannerl, a irmá de Wolfgang Amadeus Mozart, nena prodixio como o seu irmán, tamén foi presentada polo seu pai Leopold nas cortes de Europa. Cantante, clavecinista, violinista, o seu talento quedou eclipsado polo seu irmán e a súa carreira freada polas convencións da época. O director francés René Féret elixiu á súa propia filla Marie para protagonizar un filme de época no que ofrece a súa visión do que puido ser a vida de Anna Maria Mozart.

Próximos eventos Ver axenda