Debate sobre «El festín de Babette» de Isak Dinesen

Data
Martes, 25 de outubro de 2022
Horario
17.45h
Lugar
Biblioteca do Ateneo de Santiago
Compartir

Os martes, 18 (grupo 1) e 25 de outubro (grupo 2), ás 17.45h na Biblioteca do Ateneo de Santiago (Pr. Salvador Parga, 4, 2º) terán lugar as primeiras sesións do novo curso do Club de Lectura do Ateneo de Santiago, onde se comentará a obra El festín de Babette de Isak Dinesen.

El festín de Babette conta a historia dunha rapaza francesa que, en 1871, durante a guerra franco-prusiana, atopa refuxio nunha illada poboación de pescadores na costa danesa, cuxa comunidade practica, no sentido máis estrito, os principios relixiosos que o pastor predicou durante anos e que, cando este morre, continúan as súas dúas fillas. A súa chegada ao lugar representa a aparición do estraño no paraíso e, a pesar de que a moza convive durante catorce anos con eles, os fieis adeptos á palabra de Deus considérana un ente alleo á graza divina polo que, un día, Babette desexa agradecerlles a súa hospitalidade organizando un banquete na honra do difunto pastor.

Isak Dinesen (1885-1962), seudónimo utilizado pola baronesa Karen Blixen para asinar os seus traballos, naceu en Dinamarca. Despois de estudar Arte casou co seu curmán, co que emigrou a África para rexentar unha plantación de café. En 1931 a caída do prezo do café nos mercados internacionais obrigouna a volver a Europa. Cando os editores daneses e ingleses rexeitaron o manuscrito Sete contos góticos, decide envialo a Estados Unidos baixo este seudónimo masculino. Tras ser aceptado en 1934, nace Isak Dinesen, cuxo seguinte libro, Memorias de África, se convertiría nunha das obras cumes da literatura contemporánea e tería anos despois unha exitosa adaptación cinematográfica. Outras das súas grandes obras son Sombras na herba e Vengadoras anxelicais.

Próximos eventos Ver axenda