Visita guiada á exposición «Foi un home. Laxeiro en América. Buenos Aires (1950-1970)» no Museo Centro Gaiás
- Data
- Venres, 28 de outubro de 2022
- Horario
- 17.00h
- Lugar
- Museo Centro Gaiás
- Máis información
O venres, 28 de outubro, ás 17.00h o Ateneo de Santiago realizará unha visita guiada á exposición «Foi un home. Laxeiro en América. Buenos Aires (1950-1970)», situada no Museo Centro Gaiás.
As prazas son limitadas polo que todo aquel que queira participar deberá inscribirse no enderezo ateneo@ateneodesantiago.gal, admitíndose unicamente a inscrición dun máximo de dúas persoas en cada solicitude e tendo preferencia de admisión os/as socios/as do Ateneo. A data límite para anotarse é o mércores, 26 de outubro.
Comisariada por Carlos L. Bernárdez, historiador e crítico de arte, esta exposición reúne corenta pezas centradas na época de madurez deste lalinense internacional que se instalou en Arxentina durante vinte anos, mergullándose no ambiente intelectual da capital porteña, foco da emigración e o exilio galego. A mostra quere desenvolver unha nova ollada sobre a obra de Laxeiro xa que durante esa época o pintor mantén unha enorme fidelidade aos temas galegos da súa formación pero vai sufrir unha intensa evolución formal. Así, recóllense pinturas que seguen a pauta do Laxeiro máis recoñecible, unha pequena reprodución da mostra de arte galega de 1951 en Bos Aires con obras de Laxeiro e outros artistas como Luís Seoane ou Carlos Maside, obras representativas da evolución do seu estilo durante o período arxentino e pezas nas que se representa a descomposición dos rostros.