Ateneo Inquedo - Sionlla Biotech. Que oportunidades se presentan na área de Santiago?

Data
Xoves, 27 de outubro de 2022
Horario
19.00h
Lugar
Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

Ciencia, Tecnoloxía e Medio Ambiente
Compartir

O xoves, 27 de outubro, ás 19.00h o Ateneo de Santiago ten programada no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo unha nova actividade do Ateneo Inquedo, organizada pola Sección Ciencia, Tecnoloxía e Medio Ambiente, titulada «Sionlla Biotech. Que oportunidades se presentan na área de Santiago?». No acto, que estará conducido por Álvaro Silva, Director de Produción e Proxectos en Oxidine Water Technology, participarán:

  • Carme Pampín, Presidenta do Clúster Bioga
  • Carme Casado, Conselleira Delegada de UNINOVA
  • José Alborés, Presidente da Asociación de Empresarios do Tambre

Dende hai varios anos, Galicia é un gran polo xerador de coñecemento en biotecnoloxía a nivel español. Particularmente, a área de Compostela, aglutinante de boa parte do capital intelectual neste ámbito xerado no noroeste ibérico, caracterizouse por concentrar a maioría da investigación e iniciativa emprendedora da contorna bio. Conscientes disto, dende a Asociación de Empresarios do Tambre e en conxunción co Concello e a Universidade de Santiago, a través de UNINOVA, co apoio da Xunta de Galicia, están impulsando o Biopolo Tecnolóxico da Sionlla. Numerosos titulares na prensa autonómica ocuparon esta iniciativa que se atopa en alto grao de execución da obra pero, cal é o obxectivo e que se pretende conseguir coa súa actividade? Os poñentes convidados polo Ateneo axudarannos a vislumbrar o que conleva no medio e longo prazo a posta en funcionamento desta gran iniciativa.

Próximos eventos Ver axenda